Publicado en 30 Xuño, 2008 por castrelo
Este martes 1 de xullo ás 20:30 horas, terá lugar no salón de actos do Complexo de Turismo Náutico, unha charla informativa sobre o Banco de Terras de Galiza, ofrecida por un técnico da Consellería do Medio Rural.
Filed under: Actividades Informativas, Medio Rural | Deixa un comentario »
Publicado en 30 Xuño, 2008 por dinamizasociedadedainformacion
O pasado sábado 28 de xuño, abrironse ó público as piscinas de Castrelo de Miño.
O horario é de 11:00 a 21.00 de Luns a Domingo.
Para máis información consulte nas intalacións das piscinas.
Filed under: Outros | Deixa un comentario »
Publicado en 30 Xuño, 2008 por castrelo
Este domingo rematou o Campionato de España Absoluto de Remo cun rotundo éxito organizativo e proclamandose campión de España o 8 con temoneiro de Astillero que dedicaba este novo triunfo ao seu compañeiro falecido fai 6 meses en accidente de tráfico, o galego Miguel Fernández Lores. A final disputábase ao redor das 13:30 e por [...]
Filed under: Deporte | Deixa un comentario »
Publicado en 30 Xuño, 2008 por castrelo
A Cadena Ser retransmitiu durante o sábado e o domingo desde unha das terrazas do Complexo de Turismo Náutico o Campionato de España de Remo. Desde este privilexiado lugar desde o que se podía observar perfectamente as evolucións das distintas probas, pasaron os protagonistas principais desta importante competición, campións e campionas, presidentes da federacion galega [...]
Filed under: Deporte | Deixa un comentario »
Publicado en 29 Xuño, 2008 por castrelo
Catorce tripulacións galegas, á caza das medallas no Nacional de Castrelo de Miño
Astillero parece ter asegurado o primeiro lugar en polo menos seis probas nas finais do campionato de España de remo, pero o Náutico de Vigo tamén opta a tres.
Hoxe domingo, a partir das 09,00 horas, darán comezo as finais do Campionato de España [...]
Filed under: Deporte | Deixa un comentario »
Publicado en 28 Xuño, 2008 por castrelo
Castrelo de Miño acollía onte a primeira xornada do campionato de España de clubs de piragüismo nas súas quendas eliminatorias entre as 16,00 e 21,00 horas, deixando para hoxe as repescas e semifinais nas distintas categorías e modalidades contempladas.
O complexo de turismo náutico de Castrelo de Miño vivía onte a primeira xornada [...]
Filed under: Deporte | Deixa un comentario »
Publicado en 27 Xuño, 2008 por dinamizasociedadedainformacion
O Concello de Castrelo de Miño fai saber no seu BANDO que o vindeiro 28 de xuño, procederase a apertura das piscinas municipáis do concello de Castrelo de Miño, situadas no Complexo de Turismo Náutico das Cortiñas.
Horario: de 11:00 a 21:00 horas.
Para máis información consulte as intalacións das piscinas municipais.
Filed under: Bandos | Deixa un comentario »
Publicado en 26 Xuño, 2008 por castrelo
Máis de 1.000 deportistas participaran entre o venres e o domingo, nunha das maiores probas deportivas celebradas na provincia de Ourense, o Campionato de España de Remo en categorías masculina e femenina, absoluta, xuvenil, sub23 e veteranos.
Para máis información consulte a web do Clube Naúitco
Filed under: Deporte | Deixa un comentario »
Publicado en 23 Xuño, 2008 por dinamizasociedadedainformacion
Este mes de Xullo, na Aula de Dinamización da SI de Castrelo de Miño, navegamos os/as máis novos/as!
Para apuntarte e solicitar máis información acude a Aula de 8:30 a 15:30 horas.
Apúntate!
Filed under: Aula de Dinamización da Sociedade da Información | Deixa un comentario »
Publicado en 23 Xuño, 2008 por dinamizasociedadedainformacion
A Aula de Dinamización da Sociedadeda Información fíxo público o pasado venres o novo calendario de obradoiros e iniciativas que se desenvolverán durante o mes de xullo.
A meirande parte das actividades concentradas neste més están dirixidas aos máis novos do concello, pero na primeira semana de xullo e na última, temos outras iniciativas que poden [...]
Filed under: Aula de Dinamización da Sociedade da Información | Deixa un comentario »
Publicado en 22 Xuño, 2008 por castrelo
Dentro do programa Cultura Vai – Titirimaxia, Monicreques de Kukas realizou a última das actuacións previstas no Concello de Castrelo de Miño coa colaboración da Consellería de Cultura.
O lugar escollido foi o Local Social das Bouzas, e a obra, “Un regalo para Xaquín”.
Filed under: Cultura | Deixa un comentario »
Publicado en 20 Xuño, 2008 por castrelo
Este sábado 21 de xuño, a partires das 10,00 horas terá lugar o Campionato Galego de Remo nas instalacións do Complexo de Turismo Náutico de castrelo de Miño. Podes consultar as bases na seguinte ligazón.
Filed under: Deporte | Deixa un comentario »