Con esta proposta, como indicou José Antonio Fraiz Brea, coordinador do máster, preténdese «seguir o modelo europeo de implantar a formación non só nas aulas senón tamén fora das instalacións universitarias para dar a coñecer o territorio e facilitar as relacións con outros axentes sociais que poden ser importantes no futuro».
A Universidade de Vigo optou nesta ocasión polo Ribeiro e as potencialidades do mundo do viño no sector turístico, cunha serie de conferencias e mesas redondas abertas á participación tamén de profesionais do sector como catadores, restauradores e operadores de turismo. O acto de clausura tivo lugar en Castrelo de Miño, onde acudiron os alumnos e profesores para coñecer as instalacións náuticas situadas no centro dunha comarcal vitivinícola como a do Ribeiro.
No salón de actos do Complexo de Turismo Náutico, o alcalde de Castrelo de Miño ofreceulles unha descrición daquelas eivas e potencialidades turísticas de Castrelo, así como dos distintos proxectos de desenvolvemento turístico que se estan a levar adiante nestes intres, entre eles varios proxectos transfonteirizos nos que vai participar Castrelo de Miño, co deporte, a auga e o patrimonio como eixos básicos.
Filed under: Turismo










