BANDO 21/2008: SOLICITUDE DE ALTA NA REDE DE TELECOMUNICACIÓN SEN FÍOS DE ACCESO PÚBLICO A INTERNET: CASTRELO.NET

O día 28 de agosto de 2007 subscribiuse un Convenio tipo de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e o Concello de Castrelo de Miño para a execución dun proxecto piloto para a implantación de redes de telecomunicación sen fíos de acceso público a internet e para a dotación dos elementos necesarios para a posta en marcha dun centro de dinamización e formación en tecnoloxías da información e as comunicacións.

Efectuados os traballos para a implantación de redes de telecomunicación sen fíos de acceso público á Internet en núcleos de poboación das parroquias do Concello e os traballos para a dotación dos elementos necesarios para a posta en marcha dun centro de dinamización e formación en tecnoloxías da información e as comunicacións, vaise a proceder á instalación gratuita dos equipos receptores necesarios para a prestación do servizo ós cen primeiros usuarios finais.

Por conseguinte, polo presente bando faise pública a apertura dun plazo de quince (15.-) días habiles, dende o día 12 de maio de 2008 ata o día 29 de maio de 2008, ambos inclusive, para que as persoas interesadas en integrar a lista dos cen primeiros usuarios finais para a instalación gratuita dos equipos receptores necesarios para a prestación do servizo poidan apuntarse no concello, a cuxo efecto atópase o modelo correspondente de solicitude nas oficinas municipais do Concello de Castrelo de Miño.

A solicitude de alta levará implícita a obriga por parte dos usuarios finais de abonar mensualmente, unha vez rematado o período de proba, o importe correspondente polo servizo prestado.

As solicitudes de alta serán tidas en conta por rigurosa orde de entrada nas oficinas municipais.

Deixa un comentario

Debe rexistrarse para escribir un comentario.