Castrelo de Miño acolle o XXIII Campionato de España de Pista por Federacions Autonómicas, XII Copa de S.M. El Rei.

Terá lugar nas instalacións do Complexo de Turismo Náutico de Castrelo de Miño os vindeiros días, sábado 31 de maio e domingo 1 de Xuño.
Nesta ligazón podese consultar os horarios das dintintas probas e os equipos e deportistas inscritos: Piragüismo Castrelo de Miño

Este sábado, noite de maxia en Prado de Miño

O director xeral de xuventude visitou Castrelo de Miño para incluílo como un destino dos campamentos xuvenís da Xunta de Galicia

O principal motivo desta visita era observar sobre o terreo as condicións que ofrece Castrelo de Miño para convertirse nun destino dos campamentos infantís e xuvenís que organiza todos os veráns a dirección xeral de xuventude, como lle propuxera o alcalde de Castrelo de Miño nunha reunion mantida días atrás en Compostela.

O director xeral de [...]

Os alumnos e alumnas do Máster en Dirección e Planificación do Turismo que se imparte na Facultade de Empresariais e Turismo de Ourense visitaron o Concello de Castrelo de Miño.

Con esta proposta, como indicou José Antonio Fraiz Brea, coordinador do máster, preténdese «seguir o modelo europeo de implantar a formación non só nas aulas senón tamén fora das instalacións universitarias para dar a coñecer o territorio e facilitar as relacións con outros axentes sociais que poden ser importantes no futuro».
A Universidade de Vigo [...]

Publicadas as bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal a tempo completo para obra ou servizo determinado.

Publicadas as bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal a tempo completo para obra ou servizo determinado, polo sistema de concurso-oposición, dos traballadores que a continuación se indican, con expresión da obra/servizo:

2 Traballadores: COIDADO E VIXILANCIA DA URBANIZACIÓN E DAS PISCINAS MUNICIPAIS DE CASTRELO DE MIÑO.

2 Traballadores: PORTERÍA [...]

Vigo, Castrelo de Miño, O Porriño, Pontevedra e Santiago asinan un protocolo de colaboración de cara á Universiada 2013

O alcalde de Castrelo de Miño, Xurxo Rodriguez Méndez asistiu a Vigo, a asinar o Protocolo de colaboracion entre o concello de Vigo e os concellos de Castrelo de Miño, Pontevedra, Porriño e Santiago de Compostela, como mostra de apoio e colaboración no proxecto “Vigo candidata a Universiada de veran 2013″.
Os concellos de Castrelo de [...]

Axudas a asociacións, fundacións e institucións culturais sen ánimo de lucro para equipamento e mellora de locias.

O pasado 9 de maio 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 89, a Orde do 29 de abril de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro [...]

Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo.

O pasado 12 de maio 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 90, a Orde do 30 de abril de 2008, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio [...]

Axudas a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades culturais relacionadas coa recuperación da memoria histórica.

O pasado 14 de maio 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 92, a Orde do 5 de maio de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais para a realización de actividades [...]

Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á reducción da súa xornada de traballo.

O pasado 3 de abril 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 64, a Orde do 17 de marzo de 2008, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, pola que se convocan axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á reducción [...]

Axudas a asociacións e institucións culturais de ámbito de actuación igual ou inferior ao provincial para a realización de actividades culturais.

O pasado 14 de maio 2008, publicouse no Diario Oficial de Galicia nº 92, a Orde do 5 de maio de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais de ámbito de actuación igual [...]

Novo calendario de actividades e obradoiros formativos da Aula de Dinamización da SI de Castrelo de Miño

A Aula de Dinamización da Sociedadeda Información fíxo hoxe público o novo calendario de obradoiros e iniciativas que se desenvolverán durante o mes de xuño.
Ver calendario-de-actividades-xuno
Para máis información na Aula de Dinamización da SI.
Ven navegar! Partcipa!