A elite europea de remo cítase en Castrelo de Miño

p1030518.jpg

A segunda edición do Descenso de remo de O Ribeiro comeza a tomar corpo. Moitos dos remeiros que irán aos Xogos Olímpicos de Pekín estarán competindo na chamada “Ría de O Ribeiro”. Trala súa presentación fai unhas semanas en Fitur, onte era a quenda para a sala de xuntas da Diputación provincial.

Nese marco dábanse a coñecer datos e detalles da segunda edición do Descenso de remo de O Ribeiro, unha proba que se disputará do 29 de febreiro ao 2 de marzo dende Laias ata o embalse de Castrelo de Miño tras cubrir un percorrido total previsto de 6.500 metros.

A proba, que agora recibe tamén o nome de Open das Nacións, está reservada a embarcacións olímpicas de remo das categorías de 8 con timonel e 4 feminino, todo iso para reunir a 50 embarcacións e uns 400 remeros. Xa confirmaron a súa presenza equipos de España, Portugal, Rumanía, Bélgica, Francia, Inglaterra, Bulgaria e Suecia, seleccións estas dúas últimas que estarán xa en Ourense para iniciar a concentración e os adestramentos este fin de semana. O torneo iniciarase o venres 29 coa sesión de adestramentos oficiais, mentres o día 1, a partir das 15,00 horas, disputarase a competición de 1.000 metros saíndo os barcos en tandas de seis equipos e contra o reloxo. O domingo 2 iniciarase a xornada ás 11,00 horas coa celebración da proba reina, a do Descenso sobre 6.500 metros contra o crono desde o balneario de Laias e con chegada no Club Náutico de Castrelo. (…)

Noticia extraída da edición dixital de La Región do día de hoxe.

O evento, que conta cun orzamento de 140.000 euros e coa implicación de varias empresas galegas, levou ademais a mellora nas instalacións deportivas de Castrelo, dado que dende onte conta con tres novos pantaláns.

Deixa un comentario

Debe rexistrarse para escribir un comentario.