O Concello de Castrelo de Miño aproba a creación do rexistro municipal de asociacións veciñais.

No Concello de Castrelo de Miño reuniuse hoxe venres 15 de febreiro ás 12:00 horas a corporación municipal, a fin de celebrar a sesión ordinaria na que se aprobaron os seguintes acordos:
O Concello de Castrelo de Miño aproba a creación do rexistro municipal de asociacións veciñais.

Ten por obxecto permitir ao Concello o coñecemento das existentes, os seus fins e a súa representatividade, a fin de levar a cabo unha correcta política municipal de fomento do asociacionismo veciñal, así como reflectir os dereitos das asociacións.

 Foron tamén aprobados acordos sobre a prestación eficaz do servizo de Correos, a supresión da tarifa electrica nocturna e o parque medioambiental de Galicia en Carballeda de Avia.

Deixa un comentario

Debe rexistrarse para escribir un comentario.