
O Concello de Castrelo de Miño recibiu a visita institucional de Rubén Lois, director xeral de Turismo, e de Xosé Antón Jardón, delegado en Ourense da Consellería de Innovación e Industria.
O obxectivo desta visita foi a de espor as propostas e as demandas que se están a elaborar dende o Concello.
O director xeral de Turismo mostrouse receptivo as propostas ofrecidas e anunciou que é partidario na creación dunha estación náutica no Concello.











